Ortofoto

Un territorio marcado pola auga

As parroquias de Verducido, Santo André e Santa María de Xeve conforman unha unidade histórica ao nordés do municipio de Pontevedra, seguindo a baixada dos ríos que desde as serras acaban formando a Ría de Pontevedra.

Sitúanse entre o contorno do Río Lérez e o Rons, que baixa desde os montes do Acival, forma o encoro do Pontillón do Castro e remata na Marisma de Alba, xa perto da capital e a desembocadura. Tamén sobresaen os ríos de Fontáns e Verducido, que xuntos desembocan no Lérez, augas arriba da Estación de Bombeo de auga potable.