O Patrimonio

O CONSTRUÍDO O PAZO DE GONDAR.-

Foi durante anos o Pazo de referencia, tanto polo seu tamaño como pola súa importancia histórica, é o de Gondar, emblema do Señorío de Bermúdez de Castro, que durante anos gorbernou o futuro destas xentes. O complexo ubicado en Santa María albergou nos seus tempos un cárcere, unha capela, un muíño, un pombal, a residencia dos propietarios e mesmo unha fortaleza, segundo amosan os restos dunha torre próxima á casa. Malia que orixinariamente debeu destinarse a esta fin, a defensiva, o paso do tempo acabou converténdoa en residencia, construíndose máis tarde o pazo, de estructura barroca. Foi o nobre Arias González o tronco da casa de Gondar. Educador da infanta Doña Urraca, filla do Rey Fernando I, viviu a principios do século XII. Agora, en pé quedan os muros que noutrora acolleran prisións e muíños, pero non o seu interior. Nin sequera os tellados. A familia propietaria hai séculos que non vive nel, e os seus preto dun millón de metros cadrados de leiras están alugados a máis de setenta arrendatarios e arrendatarias diferentes.

OUTROS EDIFICIOS

VERDUCIDO.-

A arquitectura singular é variada e numerosa: dende a Casa do Crego, de 1800, ata a Casa da Torre de Arriba, da mesma época e na que din que viviu o político Portela Valladares. Aseguran que era unha das máis ricas do lugar, e que tiña unas chemineas tan grandes que nunha delas fíxose a cabana da Casa da Torre de Abaixo. A Casa do Campés, tamén moi poderosa, data de 1548, e dise que nela viviu un cura inválido chamado Campés que daba a misa nunha cadeira de rodas. A Casa do Campo é outra das máis vellas da zona, tamén de 1548, e conta cunha pía de auga bendita nunha esquina do portal da casa que se empregaba para persignarse ao pasar por diante do cruceiro próximo que ten o mesmo nome. Santo André de Xeve Aquí atópase a Casa da Canliña, así como a que se encontra no lugar de Sobral, na zona da Torre, que data do século XVIII e da que destaca a súa construcción dun só empedrado apoiado nun arco e a distribución e traballo en pedra fina da súa cociña. Tamén a casa que fora sede da Obra Pía, fundada en 1695 por José de Barcia e Zambrana, reflexa o pasado señorial de Xeve. A antiga Casa Consistorial, ubicada no adro da igrexa de Santa María de Xeve, completa a lista de edificios civís emblemáticos.

OS MUÍÑOS.-

Os muíños constituíron unha parte moi importante da economía da zona de Xeve e Verducido. Os cambios nos hábitos dos seus habitantes levaron á desaparición da meirande parte deles, pero respectaron exemplos dabondo destes instrumentos tan importantes para os nosos devanceiros. Verducido aínda presume dunha ruta franqueada polo río Rochodoiro, no lugar de Bordel, que conta con trece muíños. O Rons, pola súa banda, era o encargado de mover as cinco construcción que se encontran na zona da Cuíña do Castro. En Santa María aínda se poden lembrar outros tempos no muíño que se conserva en Gatomorto.

AS PONTES.-

Son moitas e moi variadas as pontes que comunican Xeve con outras poboacións, sobre todo tendo en conta que na antigüidade as cheas de ríos coma O Couso aillaban con facilidade lugares enteiros. É precisamente o chamado de Couso un bo exemplo da riqueza artística destes viaductos. É unha imitación, malia que de menor tamaño, da ponte romana de San Clodio en Leiro (Ourense), e está construido en pedra labrada. Consta de tres arcos tipo románico cun ancho de 2,5 metros, aproximadamente, e vinte de lonxitude.

OS CRUCEIROS.-

Os de Bordel, As Pedrosas, Barreiro e O meu Terrón enchen de arte os terreos de Verducido. O de Barreiro data de 1842, e non ten decoración, só un Cristo crucificado. Ten unha expresión de dor na súa faciana, que mira cara abaixo. As súas mans están abertas, o que diferencia este cruceiro de outros, onde as mans están en posición de bendecir. Ao outro lado da cruz está a Virxe Maria, pode que a do Socorro a xulgar pola dor que reflicte. O da Portela, no Couso, o de Santa Cruz e os que conforman un Vía Crucis alegran o camiño en Santo André. O primeiro data de 1755, e conserva a o capitel, o varal (ou fuste), a base e as escadas (ou banzos). Está situado entre as parroquias de Xeve e Lérez, e na súa fusta ten unha imaxe do Santiago peregrín, o capitel decorado e a cruz co Cristo crucificado e a Virxe María. O de Santa Cruz representa un Crucificado moi detallado e dunha alta calidade, un capitel de esmerada talla e un varal con imaxenería de santos e relevos en forma de rombos na súa base. Toda a obra está alzada sobre unha escalinata de catro pasos. O terceiro é un grupo de cinco cruceiros dun Vía Crucis que se caracteriza por un varal octogonal sen ningún relevo, un colar de semiesferas e unha cruz no seu alto, sinxela e cun sol ou estrela en baixo relevo. Inaugurouse o 10 de decembro de 1689, e perdurou na súa ubicación orixinal ata 1936, cando se ensanchou o camino de San Roque ata a igrexa, e os cruceiros quedaron repartidos por distintas zonas. En Santa María destacan os de Alvariñas, o situado no adro parroquial, o cruceiro do Regueiro (co seu varal)

AS IGREXAS .-

Hai tempo, no Coto Real de Gebe existían tres igrexas: Santa Cruz de Fragoso, Santa María de Gatomorto e Santo André de Xeve. Todas foron desaparecendo agás a de Santo André. Esta aínda conserva elementos arquitectónicos (una pía bautismal, adronos nas bóvedas e varias cruces) que se cre que proveñen do Mosteiro de Seoane, desaparecido hai décadas. Pero en 1755, ante a demanda de servicios relixiosos provocados polo aumento da poboación, o Arcebispo D. Xaime de Rajoi y Losada segregou a parroquia, e construíronse as de Santa María de Xeve (baixo a vocación da Nosa Señora da Concepción), e a de Santo Martiño de Verducido. Son estes tres, sumadas á Capela de San Roque, os tesouros relixiosos das terras de Xeve.