información básica

A PALABRA "XEVE"

Resulta difícil concretar de onde procede a palabra “Gebe” (pronunciábase xa entón coma agora, malia escribirse con “G”) e o seu significado concreto, pero algúns estudos apuntan a que provén do ablativo singular do vocablo latino “Saepes”, “is”.


CANTA XENTE SOMOS?

A poboación medrou notablemente dende os primeiros datos oficiais que se teñen. Datan de antes do ano 1500, cando a freguesía de Xeve contaba con 130 fregueses, a meirande parte deles concentrados na zona comprendida entre Couso e Santa Cruz.

En 1755, o Catastro do Marqués da Ensenada fala xa de 500 casas, malia que especifica que “aínda que son algún máis os veciños, non viven todos en casas separadas, senón un e dous matrimonios xuntos”. Nestes anos, o censo destas parroquias sufriu ascensos e descensos, se ben nas últimas décadas a poboación moveuse pouco. Aquí viven unhas 3.200 persoas: darredor de mil en cada parroquia, agás en Santo André, que está habitada por uns 1.200 veciños e veciñas.

 

TERRITORIO

As tres parroquias forman un territorio estritamente rural con predominio forestal a base de eucalipto, piñeiro, carballo, e algún ca outro cereixo e castiñeiro,Frieiro, con maior dedicación á agricultura (sobre todo, pan de centeo) e gandería vacuna, ovina e cabalar.

Santa María de Xeve limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez.

Santo André de Xeve linda con Santa María, Mourente, Bora e o veciño concello de Cotobade. Ambas parroquias están divididas xeograficamente polo regato de Couso.

Tamén a vexetación de Verducido asóciase ás especies de monte alto, coma os eucaliptos, piñeiros e toxos. Os cultivos máis abundantes son os de millo, vide e patacas. O gando é predominantemente vacún, e tamén lanar, aínda que en menor proporción.

Verducido está demilitado polo concello de Barro, e as parroquias pontevedresas de Santa María de Xeve, Lérez e San Vicente de Cerponzóns.