Fina Casalderrey

Unha das máis importantes literatas galegas do noso tempo naceu en Sto. André de Xeve. Foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 e varias veces candidata por España ao Astrid Lindgren. Tamén é Premio Cidade de Pontevedra.

“Xeve, Lérez... aí residen as verdadeiras
orixes do meu imaxinario.
O Jabalí ou a Jabalina, segundo as zonas,
esa muller de Santa María de Xeve
que quizais o perdeu todo menos a razón,
atráeme dende a infancia con tanta forza
que sinto a necesidade de volver a ela”.

www.fina.casalderrey.com