O piragüismo incorpórase ao calendario de eventos deportivos internacionais e estatais

10
  • Arredor de 2.000 deportistas participarán no Campionato de Xóvenes Promesas, o Open Cidade de Pontevedra (Campionato de España de Piragüismo Maratón) e no Campionato de Sprint Olímpico

O deporte en Pontevedra ten por diante, de aquí ao 31 de decembro, un amplo calendario
de citas estatais e internacionais (loita, waterpolo, natación, tenis de mesa, triatlón,
carrilanas…) que se sumarán á intensa actividade deportiva de eventos locais e galegos que se darán cita este ano na cidade do Lérez. A este calendario incorpórase unha nova disciplina: piragüismo, con tres convocatorias estatais xa confirmadas.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, acompañada polo presidente da Federación
Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, deu a coñecer os tres campionatos, que traerán á
cidade arredor de 2.000 deportistas. Son:

  • Campionato de España Xóvenes Promesas (1.000 metros) que se celebrará o 19 de maio no Complexo Deportivo do Pontillón do Castro. Asistirán entre 450-500 deportistas
  • Campionato de España de Piragüismo Maratón (Open Cidade de Pontevedra) que se desenvolverá os días 12 e 13 de maio no río Lérez. A proba é selectiva para o Campionato de Europa. Participarán arredor de 650-750 palistas.
  • Campionato de España Sprint Olímpico, nas categorías senior e xuvenil. Terá unha duración de tres días, do 13 ao 15 de xullo e como escenario o Complexo Deportivo do Pontillón do Castro. Agárdanse arredor de 700 deportistas.

Eventos deportivos federados extraordinarios e deste nivel permiten unha promoción moi
importante do piragüismo e a visbilización dos deportistas dunha disciplina moi presente
en Pontevedra e Galiza pero aínda minoritaria no conxunto do Estado. E ademais, subliña
a concelleira Anxos Riveiro, “supón un revulsivo económico” para á cidade.

Pontevedra ten amosado o seu bo facer na organización de eventos deportivos, indicou
o presidente da Federación Galega de Piragüismo, unha realidade que se impuxo fronte a
outras posíbeis candidaturas e que fai “que Pontevedra acolla (neste 2018) o maior
número de competicións estatais de España”. Ademais das tres citas sinaladas, o
piragüismo terá unha cuarta cita de calado no veciño O Grove, o Campionato de España
de Media Maratón.

Pendente, da posibilidade de que Pontevedra acolla tamén no mes de xuño o Campionato
de España Infantil de Baloncesto, este é o resto do calendario de eventos deportivos en
carteira para este ano:

  • Campionato de España escolar e cadete de Loita que se celebrará o 17 de marzo no Pavillón Municipal e ao que asistirán arredor de 450 rapaces. Esta cita é unha previa para testar o Europeo que acollerá a cidade do 4 ao 9 de xuño de 2019.
  • Copa de Europa de waterpolo feminino en Pontemuíños. Do 23 ao 25 de marzo. É a primeira vez que esta competición sae de Barcelona.
  • Campionato de España Infantil de natación. Do 25 ao 28 de marzo, en Pontemuíños.
  • Campionato de España de MTBO (orientación en bicicleta de montaña). Será entre o 27 e o 29 de abril en Pontillón do Castro, onde terá o seu centro de operacións, pero tamén visitarán outros concellos.
  • Campionato de España de veteranos de tenis de mesa será en abril, no Pavillón municipal.
  • Campionato de España Alevín de Tenis. Do 2 ao 8 de xullo, organizado polo Casino Mercantil nas súas instalacións de Mourente e no que colabora o Concello de Pontevedra.
  • Campionato de España e Galego de longa distancia de Triatlón, o 25 de agosto
    Servirá para revisar o circuíto da proba internacional que se celebrará en Pontevedra