Santa María de Xeve

A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez. Coa súa veciña Santo André de Xeve estivo unida nun mesmo concello agora inexistente, pero queda como testemuña disto o edificio que daquela acollía as dependencias administrativas.

En Santa María de Xeve destaca a chamada “Casa Gondar”, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.

Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.

O Consello parroquial de Santa María de Xeve

  • Xunta de Montes
  • 2 representantes de AA.VV. Os tres pinos
  • Comunidade de augas dos Fontáns
  • Comunidade de augas da Igrexa
  • Comunidade de augas de Frieiro
  • 2 representantes de Comunidade de augas de Gatomorto
  • Comunidade de augas de Couso
  • C.F. Gondar

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está integrado polos seguintes documentos: