Salcedo

Situada no sur do concello de Pontevedra, esta parroquia limita con Lourizán, Tomeza e co concello de Vilaboa.

Nesta parroquia atópase o pazo de Gandarón, que abeira a Misión Biolóxica de Galicia, unha entidade que centra as súas investigacións na mellora xenética dos cultivos de zonas húmidas. Espallados pola súa xeografía, tamén atopamos o Pazo de García Flórez e de Miradores, así como a Casa dos Granxa e a casa reitoral.

Así mesmo, son merecentes de visitar a igrexa parroquial e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.

A festa patronal celébrase o día 11 de novembro (san Martiño). Celébranse tamén san Breixo, o día 3 de febreiro, e santa Rita, o día 22 de maio.

O Consello parroquial de Salcedo

  • Comunidade de montes
  • 3 representantes da ANPA Volvoreta do CEIP Cabanas
  • ANPA CEIP San Martiño
  • 2 representantes da AA.VV San Martiño
  • Sociedade Cultural Deportiva Salcedo
  • Asoc. Cultural Santa Rita
  • AA.V. San Brais Salcedo Norte
  • 2 representantes da AA.VV. Cabanas
  • Asociación Músico Cultural S. Martiño
  • AA.VV. Héroes do Campo da Porta
  • Vaipolorío
  • AA.VV. Héroes do Campo da Porta

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses dos que se obtieron os seguintes documentos: