QUÉ É ?

O Concello e a parroquia que queremos

Un xeito participativo de recoller todos os recursos de cada parroquia, examinar as súas carencias e establecer as prioridades de cada obra ou acción. É unha maneira de participar directamente no futuro da parroquia, axudando a definir as prioridades da inversión municipal.

De qué se compón o programa?
- Un mapa xeral de recursos e accións
- Unha relación de recursos patrimoniais
- Unha relación de accións a acometer, segundo as prioridades definidas polo Consello Parroquial

Quen realiza estes documentos
En principio elabórase un documento técnico realizado por especialistas, que despois é completado pola cidadanía representada nos Consellos Parroquiais, que será quen defina as prioridades de cada parroquia.

Cal será o resultado?
Ao final, todos e todas contribuiremos a que as parroquias nas que vivimos estean ben dotadas de servizos públicos e vaian mellorando a calidade urbana de cada lugar, en especial nos seus núcleos de centralidade, para que vivir nas parroquias sexa cada vez máis agradable.

Como podes participar?
Podes aportar a túa suxestión, corrección ou calquera outra opinión de varios xeitos:
- Nesta web no apartado de suxestións
- Por escrito dirixíndote ao Alcalde de Pontevedra (hai un formulario específico para isto)
- Por escrito dirixíndote ao Consello Parroquial
- A través dalgunha entidade social, pública, cultural, deportiva ou de calquera outra natureza representada no Consello Parroquial