Pontevedra

Pontevédrate...

Unha frecuentada e engaiolante senda de 6 km percorre o río Lérez pola súa marxe sur entre a ponte dos Tirantes e a presa de Bora

ANUNCIO DOS DECRETOS DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO 2º PAGO CORRESPONDENTE AO LIBRAMENTO DO 20% TRAS A COMPROBACIÓN DO BO ESTADO A FAVOR DAS CMVMC DE O SALGUEIRAL, MOURENTE, LÉREZ E CASTRO LAMPÁN

 

ANUNCIO DOS DECRETOS DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO 2º PAGO CORRESPONDENTE AO LIBRAMENTO DO 20%, TRAS A COMPROBACIÓN DO BO ESTADO 2 ANOS DESPOIS DO REMATE DA INTERVENCIÓN INICIAL, CONCEDIDAS ÁS COMUNIDADES DE MONTES AO ABEIRO DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DE OBRAS FORESTAIS DESTINADOS Á PREVENCIÓN E Á DEFENSA DOS INCENDIOS FORESTAIS NO ANO 2007. PLAN MONTE VIVO.

 

Por Decretos do Concelleiro da Área de Medio Ambiente e Facenda de data 28/06/2012, prestábase aprobación definitiva ao 2º pago correspondente ao libramento do 20% tras a comprobación do bo estado 2 anos despois do remate da intervención inicial da axuda concedida a diversas comunidades de montes veciñais, ao abeiro da convocatoria pública de subvencións aos proxectos de obra forestal destinados á prevención e defensa dos incendios forestais no ano 2007. Plan Monte Vivo, ordenando os seus pagos a favor dos solicitantes das subvencións.

 

Asemade, dispoñíase que unha vez rematada a tramitación dos expedientes de solicitude de subvención, a concesión da subvención publicarase no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra, agás para aquelas para as que o seu outorgamento e contía individual sexa superior a 3.000 € que se publicarán no BOP ao abeiro do estabelecido no artigo 19 das Bases.

 

eN virtude do exposto faise pública a concesión de subvencións ás seguintes comunidades veciñais:

 

NOME

IMPORTE SUBVENCIÓN

CMVMC O SALGUEIRAL

21.485,20 €

CMVMC MOURENTE

14.949,73 €

CMVMC LÉREZ

10.912,00 €

CMVMC CASTRO LAMPÁN

6.248,00 €

 

Contra a precedente acto administrativo, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer ben o RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN perante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á da súa notificación, ao abeiro do establecido no art. 116.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo a redacción dada pola Lei 4/99, pola que se modifica a primeira, ou ben directamente o RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte á da súa notificación, consonte ao disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/98, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no art. 117.2 da citada Lei 30/92, modificada pola Lei 4/99, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade có establecido no art. 43.2 da Lei 30/92, modificada pola Lei 4/99, podendo entón o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de SEIS MESES contados desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte ao establecido no art. 46.1) e 4) da Lei 29/98, Reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa.

No entanto, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime procedente consonte a dereito.

 

Pontevedra, 23 de novembro de 2012

 

O CONCELLEIRO RESPONSABLE

DE MONTES E PARQUES FORESTAIS

 

 

 

Asdo.: Demetrio Gómez Xunqueira                                                                        

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.11.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.11.2012 polo Concello de Pontevedra.