Pontevedra

Pontevédrate...

A finais do século XIX Pontevedra transformouse profundamente con grandes espazos abertos como a Alameda, As Palmeiras ou a Estación de Campolongo, donde hoxe está a Praza de Galiza

ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR PARA O DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO DE POLÍGONO DELIMITADO EN SOLO URBANO NON CONSOLIDADO DO PXOU, AO ABEIRO DA DTª 1ª DA LOUG, EN CAMPOLONGO- PONTEVEDRA: RÚAS ALFONSO X O SABIO, PINTOR RAFAEL ALONSO/ FERNANDO II, PINTOR VIRXILIO BLANCO, RÚA DAS PERLIÑAS E CAMIÑO DA ABILLEIRAS; PROMOVIDO POR D. MANUEL MOREIRA GÓMEZ EN REPRESENTACIÓN PROMOCIONES PELETE, S.L. E OUTROS

 

ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR PARA O DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO DE POLÍGONO DELIMITADO EN SOLO URBANO NON CONSOLIDADO DO PXOU, AO ABEIRO DA DTª 1ª DA LOUG, EN CAMPOLONGO- PONTEVEDRA: RÚAS ALFONSO X O SABIO, PINTOR RAFAEL ALONSO/ FERNANDO II, PINTOR VIRXILIO BLANCO, RÚA DAS PERLIÑAS E CAMIÑO DA ABILLEIRAS; PROMOVIDO POR D. MANUEL MOREIRA GÓMEZ EN REPRESENTACIÓN PROMOCIONES PELETE, S.L. E OUTROS

 

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 22.11.2012, entre outros adoptou o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva, di:

 

“ (…)

Primeiro.- Prestar aprobación, con carácter definitivo, ao Plan Especial de Reforma Interior, para o desenvolvemento urbanístico do polígono de solo urbano non consolidado delimitado por acordo da Xunta de Goberno Local de 01/08/2011, na zona de Campolongo: rúas Alfonso X o Sabio, pintor Rafael Alonso/Fernando II, pintor Virxilio Blanco, rúa das perliñas, camiño das abilleiras e terreos da ONCE, formulado mediante iniciativa particular por “PROMOCIONES PELETE S.L.” e outros, ao abeiro da D.T. 1ª da LOUG, instrumento urbanístico redactado polos arquitectos don Eugenio Jiménez Passolas, don Gustavo Pérez Álvarez e don Amador Rey Camiño, datado agosto de 2012 que refunde o proxecto con visado do COAG de data 30/03/2010, o Anexo IV complementario que contén o informe das compañías subministradoras sobre suficiencia da infraestrutura e servizos da mesma autoría de data 30/03/2011 e o Anexo complementario que inclúe a memoria descritiva e xustificación do cálculo da edificabilidade e da reserva de terreos para vivendas suxeitas ao réxime de protección pública da mesma autoría que o PERI datado en marzo de 2012, reiterando expresamente a desestimación das alegacións achegadas no período de información pública por don Marcos Pérez Cachafeiro e conxuntamente por don José Carlos e Carmen Gómez González aos que se xa se lles notificou, como resposta razoada ou motivada, o acordo da Xunta de Goberno do 1/08/2011.

Segundo.- Facer constar expresamente que a obriga de conservación da futura urbanización ao abeiro do disposto no art. 74 da LOUGA, correrá por conta do Concello, tal e como se determinou por unanimidade pola Comisión Informativa Municipal de Urbanismo e Medio Ambiente no seu ditame de data 18/01/2011.

Terceiro.- Lembrar aos promotores que o proxecto de urbanización que no seu día se redacte e execute, deberá recoller as consideracións reflectidas no informe emitido en data 21/04/2010 polo enxeñeiro xefe municipal adscrito a Oficina Técnica de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como ás observacións efectuadas polo Organismo Autónomo Augas de Galicia no período de información pública do documento de inicio do presente proxecto, así como a obriga de prestar as garantías do exacto cumprimento dos deberes de execución do plan, por importe do 20% do custo estimado para a implantación dos servizos e a execución das obras de urbanización, de conexión cos sistemas xerais existentes e de ampliación e reforzo necesarias, mediante calquera dos mecanismos previstos na lexislación de contratos das administracións públicas, no prazo máximo de tres meses dende a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, importe que será do 100% do referido custo de se pretender a edificación e urbanización simultánea.

Cuarto- Notificar este acordo aos promotores e aos titulares e entidades propietarias afectadas polo ámbito do PERI, a don Marcos Pérez Cachafeiro, don José Carlos e dona Carmen Gómez González e as demais persoas, entidades e organismos interesados no procedemento, con ofrecemento do réxime de recursos procedentes e con comunicación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con tódolos planos e documentos que o integran o plan sobre os que recae o presente acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola Secretaría Xeral do Concello, facendo constar a devandita circunstancia; e, dispoñer a publicación deste acordo, no prazo dun mes dende a súa adopción no “Diario Oficial” de Galicia, facendo constar no anuncio a remisión da documentación á Consellaría, e do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no “Boletín Oficial” da provincia, así como na páxina web http//:www.pontevedra.eu, para lograr a súa eficacia e executividade, consonte ao establecido nos artigos 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro en relación co artigo 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local.”

 

Faise constar que, con data do 07 de xaneiro de 2013, tivo entrada no rexistro do portelo único da Xunta de Galicia a documentación referida no artigo 92.3 da Lei galega 9/2002.

RECURSOS PROCEDENTES: Contra este acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso–administrativo do T.S.X. de Galicia, no prazo de 2 meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación (arts 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a Dereito.

O que se fai público, de conformidade co apartado 2 do referido art. 92 da Lei 9/2002, e en cumprimento das competencias atribuídas a esta Secretaría polo art. 47.1 e) do Regulamento Orgánico do Pleno deste Concello.

 

Pontevedra, 08.01.13.

O SECRETARIO XERAL DO PLENO

 

 

José Luis Mato Rodríguez.

 

 

 

 

 

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.11.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.01.2013 polo Concello de Pontevedra.