APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO VIAL DA REDE ARTERIAL, NOVO ACCESO SUR N-550, DESDOBRAMENTO DA AVDA DE VIGO.

96

 

APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO VIAL DA REDE ARTERIAL, NOVO ACCESO SUR N-550, DESDOBRAMENTO DA AVDA DE VIGO.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión que tivo o lugar o día 24/09/2012, acordou aprobar, con carácter inicial, o proxecto de urbanización do vial de nova apertura para o desdobramento da Avenida de Vigo, denominado “Rede arterial novo acceso Sur N-550”, promovido polo Concello de Pontevedra, en execución do convenio subscrito co Ministerio de Fomento o 24 de abril do 2009, -instrumento técnico subscrito pola entidade “Plans estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambientais”(PETTRA S.L), de data setembro de 2011 e redactado polos enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, don Santiago N. López Fontán e don Ignacio Teijeiro Calvo-; amais de dispor o seu sometemento a información pública.

 

Durante o prazo de 20 VINTE DÍAS, contado a partir da publicación deste anuncio no "Boletín Oficial da Provincia", calquera interesado poderá examinar o expediente no Servizo Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Rúa Churruchaos, 2), e formular as alegacións e xustificacións que estime procedentes.

 

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

 

Pontevedra, 02 de outubro de 2012

 

 

 

O ALCALDE

O CONCELLEIRO SECRETARIO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

 

 

 

Asdo.- D. Miguel Anxo Fernández Lores

Asdo.- D. Raimundo González Carballo.