APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA MUNICIPAL PARA A SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLES PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS, INSTALACIÓNS E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, CAMBIOS DE TITULARIDADE E LICENZAS PARA OBRAS E INSTALACIÓNS MENORES POR ACTUACIÓN COMUNICADA

82

O pleno da corporación do concello de pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o 23.07.2012 prestou aprobación inicial á Ordenanza municipal para a simplificación administrativa no concello de pontevedra, reguladora da tramitación das declaracións responsables para prestación de servizos, instalacións e apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, dos cambios de titularidade e licenzas para obras e instalacións menores por actuación comunicada.

 
Sométese á información pública e audiencia aos interesados polo prazo de trinta días hábiles aos efectos de que se poidan presentar reclamacións e/ou suxestións, mediante anuncio que se publicará no “boletín Oficial” da provincia, no “Taboleiro de Editos” do concello, e na páxina web https://www.pontevedra.eu. unha vez resoltas as reclamacións polo pleno da corporación, de ser o caso, ou elevado a definitivo o acordo inicial de non se formular alegacións, procederase á publicación do texto integro da presente ordenanza, no “boletín Oficial” da provincia, non entrando en vigor ata que se efectúe a preceptiva publicación de conformidade co previsto no art. 70.2 da lbRl e transcorra o prazo previsto no art. 65.2 do mesmo corpo legal.
 
pontevedra, 23 de xullo de 2012.
 
O secretario xeral do pleno, por substitución,
José carlos castiñeira piñeiro.

Ver documento PDF