ANUNCIO DAS AXUDAS CONCEDIDAS POLA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E ELEMENTOS COMÚNS DE EDIFICIOS NO EIDO DA ARI DE ESTRIBELA

74
Por Decretos do Concelleiro Delegado da Área de Facenda e Medio Ambiente, prestábase aprobación definitiva ás axudas da ARI de Estribela e aos correspondentes gastos, ordenando os seus pagos a favor dos solicitantes das axudas para a rehabilitación de vivendas e elementos comúns de edificios dentro da área de rehabilitación integral de Estribela.
 
Asemade, dispoñíase que unha vez rematada a tramitación dos expedientes de solicitude de subvención, procederíase a publicar unha relación das subvencións concedidas no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra, na páxina web www.pontevedra.eu, e no BOP ao abeiro do estabelecido no artigo 27 das Bases que as regulan (BOP núm. 211, de 03/11/10).

Ver documento PDF