SÁBADO 4 DE FEBREIRO
12.00 horas Pasarrúas das Mázcaras de Manzaneda
SÁBADO 11 DE FEBREIRO
12.00 horas Pasarrúas das Madamas e Galáns de Cobres
VENRES 17 DE FEBREIRO
20.00 horas Praza da Verdura. Degustación de filloas de entroido
20.45 horas Praza da Verdura. Urco, rei do entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Solfamidas de Campo Lameiro, Os da Caña e Clave de Sol onde será recibido polo alcalde. Lectura do pregón
SÁBADO 18 DE FEBREIRO
11.00 horas Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos de Poio
16.30 horas Rúa Xosé Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número
17.30 horas Desfile do entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda
20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da gran festa do entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades
LUNS 20 DE FEBREIRO
17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces
19.30 horas Praza da Peregrina.
Presentación do loro Ravachol
Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
Actuación:
Grupo Foula
21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXI Concurso de Murgas
MARTES 21 DE FEBREIRO
16.30 horas Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra
17.00 horas Praza da Ferraría. Gran festa de entroido infantil
Animación infantil con Rivel e varios DJ
22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira!
00.00 horas Animación de rúa coas comparsas:
Amoriños de Bora
Solfamidas
Os da Caña
Os Canecos
Clave de Sol
Vamos a Todo
MÉRCORES 22 DE FEBREIRO
17.00 horas Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”
19.00 horas Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade
21.00 horas Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XX I Concurso de Murgas
XOVES 23 DE FEBREIRO
21.00 horas Pazo da Cultura. Final do XXI Concurso de Murgas
VENRES 24 DE FEBREIRO
23.00 horas Prazas e rúas da cidade. XVII Mostra da Parodia do Entroido
02.00 horas Praza da Ferraría. Entrega de premios da XVII Mostra da Parodia do Entroido
SÁBADO 25 DE FEBREIRO
12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría
Como remate, procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar un sentido espectáculo necrolóxico coa lectura dunha loanza fúnebre.