Pontevédrate...

As ruinas de San Domingos, acougan a gran colección lapidar do Museo: escudos, labras e sepulcros de cabaleiros medievais

Toma a palabra!

 

Os barrios, as parroquias, a vida colectiva, as entidades sociais de calquera natureza dispoñen xa dun novo sistema de participación cidadá na xestión dos asuntos municipais.

Con este modelo de participación pública, trátase de logar a implicación activa da cidadanía nos asuntos comúns, renovando unha vez máis o compromiso coa vitalidade democrática.

O porvir do noso Concello é cousa de todas e todos, polo que xa podes tomar a palabra para mellorar Pontevedra.

  1. Exprésate abertamente. Organizamos unha fórmula para atender específicamente aos colectivos con implantación territorial, de tal xeito que poidan expresar en todo momento as súas aspiracións, opinións, puntos de vista ou críticas sobre calquera asunto que desexen.
  2. Implícate nos servizos públicos. Nace Pontevedra Participa, un sistema de participación pública nos asuntos municipais que servirá para fomentar a implicación dos veciños e veciñas no futuro de cada barrio ou parroquia.
  3. Concelleiros/as responsábeis. A responsabilidade de Servizos Territorializados do Goberno Municipal está formada por 6 concelleiros. Luis Bará coordena as áreas urbanas e Raimundo González as rurais. Tes os seus nomes e territorios na contraportada deste folleto.
  4. Atención específica. Os concelleiros e concelleiras responsabeis de cada territorio atenderán as demandas cidadáns nun lugar (un centro social, casa da cultura ou semellante) e nun momento determinado (un día á semana)
  5. Calquera asunto. Cultura, obras públicas, infraestruturas, mobilidade, patrimonio, servizos públicos, ambiente, sanidade, etc... calquera cuestión pode ser abordada ou debatida neste sistema participativo, mentres que Educación e Deporte teñen as súas canles específicas, nas ANPAS e o IMD.
  6. Consellos territoriais. Avanzaremos na constitución dos Consellos Territoriais, nos que estarán representadas todas as entidades colectivas de cada parroquia ou barrio, e serán foros que expresen regularmente a opinión colectiva de cada territorio.
  7. Participa activamente. A túa participación activa nas entidades sociais é importante para lograr resultados positivos. Anímate a tomar a palabra e verás como entre todas e todos conseguimos maiores retos.
  8. Calidade democrática. Profundízase así nun modelo de cidade e concello cohesionado  e de profundos valores democráticos e alta calidade, combinando a participación directa da cidadanía cos mecanismos institucionais.

 

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 26.06.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.09.2011 polo Concello de Pontevedra.