Pontevédrate...

A fonte da Ferraría foi colocada donde está agora, en 1930, xa que antes estaba no centro da praza

Os Plans parroquiais

Os contidos dos plans específicos das parroquias desenvolveranse en varios ámbitos:

  1. Posta en valor do patrimonio cultural.
    1. Patrimonio material: patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnográfico. Medidas: recollida de información, estudo, catalogación, protección normativa, actuacións de fomento e mellora: restauración, sinalización, divulgación, aproveitamento social, educativo, turístico...
    2. Patrimonio inmaterial: toponimia, literatura oral, costumes e tradicións... Medidas: recollida de documentación verbal e audiovisual, accións de divulgación e posta en valor.
  1. Posta en valor do patrimonio ambiental.
    1. Cursos de auga, humedais… Medidas: recollida de información, estudo, restauración, actuacións de mellora, sendas...
    2. Terreos forestais, demais territorio… Medidas: recollida de información, melloras, parques forestais...
  1. Mellora da mobilidade.
    1. Infraestruturas. Medidas: ordenación/reordenación de usos, potenciación da mobilidade amábel, dotación de beirarrúas, sostemento de pavimentos.
    2. Seguranza viaria. Medidas: limitación de velocidade, calmado do tráfico, sinalización...
  1. Mellora de servizos.
    1. Auga e saneamento. Medidas: potenciación de traídas veciñais, subministro público en zonas nas que se necesite, completar a rede de sumidoiros con racionalidade.
    2. Iluminación pública. Medidas: completar e mellorar a rede, iluminación de elementos senlleiros...
    3. Recollida de RSU´s e outros. Medidas: reaxuste de certos elementos do servizo, información sobre punto limpo, vía para actuar sobre animais abandonados...
  1. Dotacións e equipamentos.
    1. Centros cívicos. Medidas: completar a rede de centros cívicos onde sexa prioritario, medidas de xestión que optimicen o aproveitamento e os custes.
    2. Parques, espazos públicos, áreas de xogo. Medidas: sostemento dos actuais e completar con novos tendo en conta criterios de maior uso e menor sostemento; potenciación das actuacións nos núcleos de centralidade parroquial.
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.10.2011 polo Concello de Pontevedra.