As Pontes de Pontevedra

Santiago

Esta ponte pasa por ser a máis discreta de todas as que atravesan o Lérez, debido ao pouco espectáculo visual que aporta ao seu contorno. É unha ponte operativa promovida polo goberno central en 1980, construída por Crespo e inaugurada tres anos despois.

Soporta o seu taboleiro en catro pilas apareadas que dan ás súas tres luces un aspecto frío, funcional, sen emoción, cunha personalidade apocada e austera.

Forma parte da N550, a través da avenida de Compostela, que foi inaugurada 5 anos máis tarde (1988). Créase un novo eixo de desprazamento, e a ponte convírtese nun punto de partida para a unión coa autovía de Marín, coa futura ampliación a catro carrís das avenidas de Bos Aires, Uruguai e Corbaceiras.

Tamén supuxo a conexión directa do centro da cidade co campus e o Pazo da Cultura, polo que no seu momento se trasladaron ao Parque Rosalía as festas da Peregrina, restituídas a centro en 1999.

Na actualidade, recén transferida desde o Ministerio de Fomento ao Concello, existen plans para dotala dos elementos de calidade urbana e seguridade viaria do resto da cidade.