As Pontes de Pontevedra

Pontes na paisaxe

Alba

O territorio que arrodea a cidade está cheo de pontes. Estímase nunhas 300 as que pode haber, entre pontiñas, pontellas, pontillóns, pontes ferroviarias, pontes sobre os ríos e os regatos, sobre a ría, sobre as vías públicas, nos viarios, peonís, os pequenos acueductos dalgúns muíños…

As parroquias máis influídas polo Lérez e a súa vacía, como Bora, Mourente, Lérez, Alba e a propia capital son as máis xenerosas en pontes, pero tamén hai un bó número delas noutras como Verducido, os dous Xeves, Campañó, Marcón, Cerponzóns ou Salcedo, que comparte con Tomeza a canle do Río dos Gafos, tamén chamado precisamente Tomeza.

Case todas son exemplos de integración na paisaxe; moitas delas envoltas por unha vexetación que as convirte en escenarios románticos e verdecentes, unha auténtica mimetización visual co territorio. Tanto, que parecen un elemento natural máis, aínda que sexan de formigón.