As Pontes de Pontevedra

Ausentes

A suposta

A historiografía local Presupón que existía unha ponte na época romana, grazas a referencias do medievo e ao achado de miliarios. Hoxe non quedan á vista vestixios desa construción.

Segundo os historiadores, houbro construirse para o paso dunha das vías de comunicación creadas para a vertebración do seu Imperio (en concreto a XIX), que conectaba Braga con Astorga. Ao carón dela estableceríase a vila Turoqua. Mais durante moitos séculos, o asentamento permaneceu estancado e esquecido debido á descomposición do Imperio, promotor das relacións comerciais que explicaban a súa existencia en relación á vía XIX.

A ponte iría envellecendo ata atoparse prácticamente derruída no século XII, cando se producen as condicións necesarias para o renacer da cidade, coa reactivación do comercio marítimo e terrestre. É entón cando se constrúe a actual Ponte do Burgo. A localización da vella ponte non se pode determinar con exactitude, pero estímase que estaría situada augas arriba da ponte actual e a unha cota inferior, xa que na época romana o leito do río era moito menos ancho.

A escondida

A Taboada. Salcedo e Pontevedra uníanse por estreitos camiños que salvaban o Gafos con pontiñas. O establecemento do cuartel de Campolongo fixo preciso ampliar o principal deses camiños e con él a ponte da Taboada, hoxe agochada baixo a rúa Xeneral Rubín, sen que sequera se sospeite de que se está enriba dunha ponte, debido á súa apariencia de rúa convencional.

En 1903 danse os primeiros pasos. A deputación subvenciona con 1.500 pesetas esa iniciativa municipal, que anos despois acaba costando 2.525 pts. máis.Nos anos setenta do século pasado cobriron o río dos Gafos no treito de Campolongo, o que propiciou pequenas reformas na ponte, ás que se engadiron, xa nos anos noventa, diferentes obras de conservación e mantemento, dotándoa de beirarrúas que fixeron que hoxe case non apreciemos que se trata dunha ponte.