As Pontes de Pontevedra

As pontes de Colón

José Antonio Valero Casal

Non había asfalto e todo era areas e pedras, moitas pedras, no camiño que comenzaba ao final da Barca ata a vella Biblioteca e Chatarrería de Rivas e que finalizaba no cruce con barreiras de San Roque, ao longo da rúa chamada “Paseo de Colón” a percorrían as vellas vías do tren que había dous anos que estaban abandonadas. Alí, no treito inicial, entre a Chatarrería de Xulián había dúas pontes de ferro, unha moi estreitiña para as xentes e case que na entrada da Barca e que daba paso á Moureira da Barca, e outro, ao final da Rúa Nova de Abaixo onde ao cruzalo comenzaba a rúa Monteleón. Neste último, tiñamos a nosa zona de xogos, no recuncho que se formaba entre a horta de Lucrecia, o bar dos Couto e a ponte onde as “bolas”, as “chapas” e o “trompo” eran o máis solicitado cando eramos nenos. Por este tempo acabado o colexio e chegado o 24 de xuño reuníamos os rapaces do barrio para achegarnos ata o monte da Caeira para cortalas mimosas para a nosa fogueira que ano tras ano facíamos diante da vella e oxidada ponte. Ali cruzábamos A Barca os Lorenzo Torres, os Sanmartín, os Couto, os Pintos e os Valero, cada un coa sua machada para dar boa conta das árbores. De volta e coma se unha ringleira de “indios” fósemos, acarrexábamos as probes arboriñas para colocalas sobre un dos madeiros que ainda quedaban no talude que deixara o vello ferrocarril ao seu paso polo Colón, e que queimabamos, entre os viños do señor Couto e as sardiñas da Praza, para alumear a noite máxica de San Xoán. vellapontevedra.blogspot.com.es

No outono de 2006, a crecida do caudal do Ulló destruíu tres pontes medievais e numerosos muíños centenarios en distintos lugares da parroquia de Pontesampaio. As tres pontes que sufriron as consecuencias da riada foron a do Pozo Negro, a dos Muíños no Vilar e a Nova ou do Arco.