Pontevédrate...

No último cuarto do XIX mellóranse as comunicacións, e o aspecto medieval da cidade vai mudando ante anecesidade de contar con espazos para a edificación ou de uso público

Retribucións da Corporación

Dedicacións exclusivas dos cargos municipais

O Pleno da Corporación do 26 de xuño de 2011 acordou a aprobación en réxime de dedicación exclusiva aos seguintes cargos municipais:

  • Alcalde: percibirá unha retribución bruta anual idéntica á percibida no ano 2010, no que xa se empezaron a aplicar os recortes salariais aos empregados e cargos públicos. Isto é, 63.831,12 euros, distribuída en doce pagas mensuais e dúas extraordinarias.
  • Tenente de Alcalde Único: percibirá unha retribución bruta anual do 90% da retribución da Alcaldía, isto é, 57.736,42 euros, distribuída en doce pagas mensuais e dúas extraordinarias.
  • Nove concelleiros de Goberno: percibirán unha retribución bruta anual idéntica á percibida no ano 2010, no que xa se empezaron a aplicar os recortes salariais aos empregados e cargos públicos, isto é 43.865,30 euros, distribuída en doce pagas mensuais e dúas extraordinarias.
  • Tres concelleiros do grupo municipal do Partido Popular: percibirán cada un, unha retribución bruta anual idéntica á establecida para os concelleiros de Goberno. O grupo municipal do Partido Popular acordou dividir dúas das dedicacións exclusivas en catro parciais.Os concelleiros neste réxime teñen unha dedicación ao Concello equivalente ao 50% da xornada laboral legalmente establecida. Cando sexan persoal ao servizo doutras Administracións públicas, a dedicación parcial realizarase fora da xornada laboral dos seus respectivos centros de traballo.

Os membros da Corporación que exerzan os seus cargos en réxime de dedicación exclusiva ou parcial serán dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social ou réxime equivalente, asumindo a Corporación o pago dos custos empresariais que corresponda.

As retribucións dos cargos con dedicación exclusiva (total ou parcial) é incompatible con outras retribucións doutros organismos ou entes da propia administración.

As retribucións establecidas incrementaranse anualmente, de selo caso, na mesma porcentaxe que os funcionarios municipais.

Os membros da Corporación con dedicación exclusiva teñen dereito aos mesmos permisos, licenzas e vacacións que o persoal funcionario do Concello de Pontevedra.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 17.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 25.06.2008 polo Concello de Pontevedra.