Pontevédrate...

O río dos Gafos cruza baixo a Av. de Vigo pola Ponte Boleira, chega a Campolongo, circula por debaixo do parque e renace perto da rúa Rosalía Castro, desde a que chega ás Corbaceiras para desembocar

Premios e recoñecementos

Diversos recoñecementos públicos e sociais avalan a evolución que mantivo a cidade nos últimos anos, o que fala do éxito do modelo de transformación que está modernizando Pontevedra.

A reforma urbana e a transformación que a tantos niveis experimentou a cidade foi consecuencia dos cuantiosos recursos dedicados cada ano, en cada orzamento, a aumentar a calidade para conseguir que Pontevedra destaque como espazo urbano igualitario, integrador, solidario e xusto.

Os premios máis importantes fóron:

Premio Cidade de Pedra, outorgado pola Asociación de Graniteiros de Galiza, en recoñecemento á utilización da pedra no proceso de transformación da cidade, outorgándolle a esta materia prima un gran protagonismo no deseño e conformación dos espazos públicos.

Premio CERMI, outorgado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade, unha entidade que agrupa a todos os colectivos do Estado relacionados coa integración das persoas con discapacidade. O premio foi outorgado á mellor acción do Estado de Administracións Autonómicas ou Locais en favor da integración das persoas con discapacidade.

Premio da Fundación Amigos de Galiza, concedido ás numerosas actuacións municipais para mellorar a accesibilidade para todas e todos.

Premio Nacional da Cultura Galega 2008, no seu capítulo de Patrimonio Cultural, concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, polo enfoque global, sistémico, integral, de abordar a posta en valor do patrimonio, ademáis da intensidade, cantidade e velocidade das actuacións levadas a cabo desde 1999.

— Premio Fesvial de Seguridade viaria 2010, otorgado ao Concello de Pontevedra na súa modalidade de seguridade viaria. Máis info en: www.pontevedra.eu/movete ou en http://fesvial.es/seguridad-vial/noticias/noticia/articulo/los-premios-nacionales-de-seguridad-vial-2010-fueron-entregados-en-alcobendas/

— Premio Movilidad Segura 2010, da DGT, outorgado en Córdoba a principios de 2011 no marco do II Encontro de cidades organizado pola DGT. Máis información en: http://www.dgt.es/was6/portal/contenidos/documentos/la_dgt/recursos_humanos_empleo/oposiciones/Acta_premio_Movilidad_Segura.pdf

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.08.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.05.2008 polo Concello de Pontevedra.