Que é?
A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, concede a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleiro ou concelleira en quen delegue, conforme ás ausencias do Alcalde.
Que documentos hai que achegar?
Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Pontevedra non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:
Enderezo do Rexistro Civil
Rúa Francisco Tomás y Valiente, s/n; 36004 Pontevedra
Tel. do Rexistro Civil: 986 805 767
Data
Pódese elixir día e hora chamando ao número de teléfono 986 804 303 ou ben acudindo ao Gabinete de Alcaldía do Concello durante a semana en horario laboral, agás os venres. A data reservarase durante tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude, a reserva quedará sen efecto.
A solicitude coa documentación necesaria deberá presentarse polo menos 10 días antes da voda.
Horario
As cerimonias de matrimonio civil no Concello de Pontevedra teñen unha duración aproximada de 15 a 20 minutos e realizaranse no salón vermello do Pazo de Mugartegui os venres pola tarde e sábados. Con carácter excepcional as vodas que se celebren durante a semana, fanse na Alcaldía ou na sala de comisións do Concello, na rúa Michelena, 30.
Podes casar:
Organización
Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 804 303 para indicar:
Fotografías do Pazo de Mugartegui
enlace
Para máis información
Servizo de Protocolo
T 986 804 303
Contacto aquí
Hoxe é 23.02.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.06.2010 polo Concello de Pontevedra.