Pontevédrate...

O Museo posúe a obra case completa de Castelao, un dos seus fundadores

Repercusión en Pontevedra das primeiras medidas económicas do Goberno Central

O Goberno Local fixo unha valoración da repercusión que terá no municipio de Pontevedra as medidas económicas adoptadas polo Goberno central o pasado venres. O portavoz do Goberno, Raimundo González asegurou que causaron "unha fonda preocupación porque supón unha grave agresión para a economía pontevedresa". Entende o Goberno Local que estas medidas "supoñen un empobrecemento da economía de Pontevedra porque o número de medidas é amplo:

  •     Conxelación do salario mínimo
  •     Incremento do gasóleo profesional
  •     Incremento da renta de emancipación
  •     Incremento da retención dos baixos en aluguer
  •     Conxelación de soldo a funcionarios
  •     Incremento das bases de cotización á Seguridade Social
  •     Incremento do IRPF e IBI
  •     Decremento da desgravación por vivenda
  •     Non apliación da Lei de Dependencia en determinados usuarios

Segundo as estimacións do Goberno Local a aplicación de todas estas medidas no municipio de Pontevedra, caracterizado por un importante sector administrativo e de pyme, "pode significar da orde de 90 millóns de euros", en palabras de Raimundo González. "Son 90 millóns que deixan de circular", é dicir, "arredor de 1.000 euros por habitante", segundo as primeiras estimacións do concelleiro de Economía e Facenda.

Segundo os primeiros balances do Goberno Local, estas medidas suporán, preocupantemente, un incremento do paro da orde de 700 ou 800 postos de traballo, máis aos 8.000 xa rexistrados. "Está claro, a contración do consumo supón recesión: menos diñeiro circulación, supón menos consumo e máis paro", concluía Raimundo González.

O Goberno Local está á espera de que se concreten todas as medidas que baralla o Goberno Central, dado que ata o de agora anunciou que se trata "do inicio do inicio", para facer un balance máis exhaustivo da repercusión que terá na economía local.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.01.2012 polo Concello de Pontevedra.