Pontevédrate...

O Museo de Pontevedra ten 6 edificios. Os 5 primeiros teñen nome: Castro Monteagudo, García Flórez, Sarmiento, Fernández López e as ruinas de Santo Domingo

Directrices de racionalización, contención do gasto e dinamización do Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra atópase nunha situación financeira inmellorable para afrontar a crise económica que estamos a sufrir. Non obstante, coma a todos os axentes, tanto públicos como privados, aféctalle a nova situación económica. A situación global actual é, obviamente, moi diferente á de 2007. Mentres esta  última era dun ciclo de expansión económica, a actual é de profunda crise.

O feito de que o Concello de Pontevedra atópese en boa situación, non quere dicir que non teña que adoptar determinadas medidas para adaptarse a nova realidade económica. Estas actuacións preséntase como algo obrigado se queremos que o Concello siga gozando dunha situación financeira saneada. Os axentes, e sobre todo os podres públicos como os concellos, sempre teñen que ser  o suficientemente mutables para adaptarse ás novas necesidades, tempos e os requirimentos que esixe o mundo tan globalizado e cambiante para atender nas mellores condicións aos cidadáns.

Pero para adaptar medidas de reforma, o primeiro que se debe coñecer é cales van a ser as previsións de ingresos e gastos do Concello nos vindeiros anos, e así poderanse propor as medidas que sexan necesarias para manter un adecuado equilibrio de ingresos e gastos sen diminución, en ningún caso, da calidade dos servizos que gozan os cidadáns do Concello de Pontevedra.

Evolución de ingresos e gastos do Concello de Pontevedra

A previsión de ingresos do Concello para os vindeiros anos, especialmente para os anos 2011/12/13, é que se van incrementar arredor dun punto por debaixo do incremento do IPC do conxunto estatal, e, polo tanto, van baixar arredor dun 2% anual en moeda constante.

Se ademais do exposto, temos en conta as devolucións de transferencias do Estado por liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009. Atopámonos con que os ingresos do Concello van baixar aproximadamente un 10% sobre os do ano anterior, e arredor dun 20% sobre os do exercicio 2006 e 2007. Esta diminución de ingresos é froito da diminución da transferencia por participación nos tributos do Estado que está á marxe da excelente xestión do Concello de Pontevedra.

Por outra banda, polo que se refire a ingresos non periódicos atopámonos cunha previsión dunha baixada moi importante das transferencias de capital e de subvencións doutras administracións, fundamentalmente polas dificultades económicas destas e pola finalización dos Fondos Europeos.

A estimación de baixada dos ingresos do Concello, sendo bastante realistas e prudentes, pode situarse nun 27%. E todo isto sen contar cos plans extraordinarios: FESOL e FIL.

Polo lado dos gastos, debe terse en conta que existen unha serie de contratos e prestacións que están subindo por enriba do IPC, e nalgúns casos, como os produtos enerxéticos, moi por riba deste índice. A isto debe unirse, necesariamente, que o Concello ten que asumir novos gastos como consecuencia de novos servizos que demandan os cidadáns, como son as recentemente asumidas garderías.

O exposto mostra claramente que este Concello ten que adoptar medidas de racionalización e contención do gasto para que a situación económica do Concello sexa inmellorable.

As medidas que se propoñen deben responder aos seguintes principios básicos:

  1. Mellorar a calidade dos servizos que reciben os cidadáns de Pontevedra.
  2. O Concello de Pontevedra debe manter a capacidade para prestar servizos aos cidadáns.
  3. Mellorar as prestacións que reciben os veciños e veciñas do municipio.
  4. Dinamizar a economía local.

O plan de racionalización, contención do gasto e dinamización que se propón é o seguinte:

Racionalización dos gastos nos primeiros catro capítulos de gasto que se concretaría en:

  • Reorganización do persoal do Concello, para que sen diminución da calidade dos servizos, se organicen de tal forma que se amorticen ou supriman postos e prazas que sexan susceptibles de amortización. Así mesmo, suprimirase de forma importante a figura dos directores xerais.
  • Recortar a asunción de competencias que non son propias deste Concello, esixindo á Administración competente que preste e asuma os servizos.
  • E, finalmente, reducir todos os gastos nos que sexa posible sen comprometer o funcionamento e a calidade dos servizos que presta o Concello.

Como anexo a esta proposta de acordo, faise unha proposta de redución de gastos dos capítulos de gasto corrente (capítulo 2 e 4) de máis de 1,5 millóns.

Así mesmo, paralelamente a esta proposta, existe outra de organización da estrutura municipal que permite optimizar os recursos humanos do Concello, cun aforro moi importante dos gastos de persoal.

Entre as actuacións concretas que permitirían reducir o importe dos gastos, débense destacar as seguintes:

  • Supresión do servizo Pilla-Bici dado que xa cumpriu a súa función.
  • Transferir á Deputación de Pontevedra o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais.
  • Subscribir un convenio coa Deputación e coa Xunta para aproveitar os recursos de turismo.
  • Reducir, e no seu caso, suprimir os servizos impropios esixindo da Xunta de Galicia ou da Administración que corresponda a asunción dos que sexan da súa competencia.
  • Reestruturación dos servizos de parques e de medio ambiente natural.
  • Modificación da organización municipal para estruturala de tal forma que permita prestar os servizos cos recursos humanos imprescindibles eliminando as prazas e postos susceptibles de amortización.
  • Supresión das partidas que non sexan verdadeiramente útiles para o Concello.

Racionalización dos investimentos: Proponse actuar nunha dobre liña:

  •  Frear -cando sexa posible- aqueles que non se corresponden con actuacións lóxicas en tempos de crise e/ou carezan da necesaria financiación externa.
  •  Formular un plan de investimentos para todo o mandato cunha previsión inicial de 30 millóns que podería chegar aos 50 millóns.

 

8 de xullo de 2011

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 05.09.2011 polo Concello de Pontevedra.