Pontevédrate...

O Convento de Santa Clara edificouse extramuros, na parte exterior da porta de Santa Clara, no Camiño de Castela

O Goberno local aproba a construción do local social de Sabarís

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá abrir o proceso de contratación da nova casa da cultura do lugar de Sabarís, na parroquia de Alba. O portavoz do Goberno Local, Raimundo González explicou que se trata dun vello compromiso que adquirira o Concello coa Asociación de veciños de Sabarís, e dos lugares próximos. Cabe lembrar que Sabarís é un lugar da parroquia de Campañó moi alonxado do centro parroquial, lindante coa parroquia de Alba.

Raimundo González explicou que a asociación de veciños non dispoñía de terreos, polo que se cedeu unha parcela de monte comunal, situada no núcleo rural de Sabarís. Ao tratarse de monte comunal, o proceso de legalización e cesión ao Concello foi moi lento e longo. Unha vez cedido, o Concello encargou o proxecto para a creación deste pequeno local social, que non terá as dimensións da Casa da Cultura de Campañó.

Terá unha superficie de 140 metros cadrados disbribuídos en semisótano e planta baixa. Disporá de aseos, almacén, unha sala multiusos e un escenario, por si tivera que acoller algunha actuación. O investimento deste edificio de nova planta é de 175.0675,53 euros.

A construción do novo local social de Sabarís "entra na idea de dotar a todas as parroquias dun espazo no que se poidan reunir os veciños e fomentar as relacións veciñais", explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.

Pontevedra, 7 de novembro de 2011

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 07.11.2011 polo Concello de Pontevedra.