Pontevédrate...

Ponte Veteri foi o nome con que se coñecía a actual Pontevedra, debido ao estado ruinoso e vello que ofrecía a primitiva ponte do Burgo despois do s XII, cando se construeu a nova ao seu carón

Novas medidas de racionalización do gasto: cese de directores xerais

A Xunta de Goberno Local acordou o cese de tres directores xerais do Concello, que se suman a dous ceses anteriores realizados na primavera e no verán de 2011. A medida está inscrita dentro das Directrices de racionalización, contención do gasto e dinamización do Concello de Pontevedra aprobadas polo pleno municipal o pasado mes de xullo de 2011.

Unha das medidas deste acordo era a reorganización do persoal do Concello, para que sen diminución da calidade dos servizos, se organicen de tal forma que se amorticen ou supriman postos e prazas que sexan susceptibles de amortización. Así mesmo, suprimirase de forma importante a figura dos directores xerais.

Ate o de agora o Concello de Pontevedra tiña seis directores xerais, figura que agora queda reducida a un único director xeral de Servizos Centrais. Os cinco postos extinguidos supoñen un aforro de 306.000 euros ao ano ás arcas públicas, e 1.240.000 euros no que resta de mandato.

Pontevedra, 2 de novembro de 2011

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.11.2011 polo Concello de Pontevedra.