Pontevédrate...

A Basílica de Santa María demostra o enorme poder do Gremio de Mareantes no S XVI

Medidas de racionalización do gasto: paralización da reurbanización de Loureiro Crespo e do Museo da Historia.

A Xunta de Goberno Local aprobou a paralizacion da reforma urbana de Loureiro Crespo/Avenida de Lugo/Castañal, a adquisición dunha varredoria e a paralizacion do Museo da Historia. O portavoz do Concello, Raimundo Gonzalez, tamén concelleiro de Economía e Facenda lembrou que estas medidas están na liña de contención do gasto acordado polo Goberno Local.

A reforma urbana de Loureiro Crespo é un proxecto que ten catro anos de historia, dende que o alcalde Miguel Anxo Fernandez Lores asinou un convenio coa entón Consellería de Vivenda. Neste acorto o Concello comprometiase a achegar 1 millón de euros para a reforma do barrio dos Salgueiriños e a Xunta, 4 millons para o resto do barrio.

Coa chegada de Alberto Nuñez Feijoo á Xunta, este convenio quedou paralizado, e o Concello concluíu que asumiría en solitario a obra, de feito sacouse a contratacion o proxecto por preto de 4 millons de euros.

A situacion economica actual e as medidas de contencion e racionalizacion do gasto obrigan a parar a contratación deste proxecto, e acordouse executalo por fases. Raimundo González asegurou que segue sendo un proxecto necesario e prioritario para o Goberno Local.

O segundo dos contratos parados é a compra dunha varredoria por valor de 120.000 euros para o servizo de Parques e Xardins. Este investimento será empregado polo servizo para a compra doutros equipos necesarios para abordar grandes áreas verdes como a Illa do Cobo, o novo parque de Campolongo ou o Miradoiro de Monte Porreiro.

O terceiro dos proxectos parados por mor da situación económica actual é o Museo da Historia de Valentin Garcia Escudero. E un proxecto de 9.892.000 euros, para os cales estaba prevista unha primeira fase de 3.335.000 euros e un orzamento para o presente ano de 715.000 euros.

O acordo ao que se chegou cos veciños e residentes da zona monumental é empregar a financiacion deste ano para a consolidacion dos achadegos arqueoloxicos (traballo para o que se manten contactos con Patrimonio da Xunta de Galicia) e a recuperacion do espazo para lecer dos veciños e visitantes do casco vello.

26 de xullo de 2011

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.09.2011 polo Concello de Pontevedra.