Pontevédrate...

Un senlleiro conxunto arquitectónico de principios do século XX confórmano o Concello, o Instituto Valle-Inclán, a Deputación, a antiga sede de Educación, Alameda e xardíns de Vicenti e As Palmeiras

Máis de 660.000 euros para o obras no rural e o centro urbano

O Goberno Local aprobou un investimento de máis de 660.000 euros no concello para obras de mantemento tanto na zona urbana como no rural, así como de eliminación de verquidos aos ríos Lérez, Gafos e Valdecorvos. O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que se trata dun importante esforzo do Concello para manter a vida útil dos espazos públicos, especialmente nestes momentos de crise económica que se están a vivir.

Sobre o proxecto de eliminación de vertidos, explicou que se trata dun investimento de 196.119,13 euros para suprimir as verteduras aos tres ríos citados nas rúas Pastor Díaz, Avenida de Marín, Corvaceiras e en Fernando Olmedo. “Pretendemos eliminar todos os vertidos directos aos cauces fluviais que temos detectados. Pode darse o caso que unha vez que acabemos con estes poidan aparecer outros novos que estivesen latentes, e a consecuencia de eliminar os actuais saian á luz”, indicou o portavoz do Goberno.

Raimundo González Carballo destacou que “se trata dun proxecto ambicioso, non tanto pola súa contía económica como por pretender o vertido cero aos cauces fluviais”.

Xa está aprobado o expediente, polo que sairá a contratación nos próximos días e estes catro puntos de verteduras poderán estar erradicados no primeiro trimestre do ano.

Tamén se aprobaron outros dous contratos de traballos de reparación en vías públicas tanto urbanas como rurais por valor de 468.371 euros (235.428 para o rural, e 232.943 euros para a zona urbana). Raimundo González explicou que nestes dous contratos incluiranse traballos de mantemento e pequenas reparacións dado que “o obxectivo é prolongar a vida últil dos bens municipais”. Indicou que se tratan de obras de mantemento, traballos ordinarios (non urxentes) que o que buscan é manter os espazos públicos nun óptimo estado de conservación.

Son contratos que se farán por un ano de duración.

 

Pontevedra, 16 de decembro de 2011.
 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.12.2011 polo Concello de Pontevedra.