Pontevédrate...

O caserón dos Cruu e Montenegro, na praza de Méndez Núñez era centro da vida intelectual de finais do SXIX. Valle Inclán formouse na Biblioteca dos Muruais, que vivían neste edificio

Medidas de racionalización de gasto: reducción do 1,5 millóns no gasto corrente do Concello

O Goberno Local puxo sobre a mesa as primeiras primeiras medidas que van guiar a política económica do Concello no presente mandato. O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo explicou que a situación económica xeral é diferente á que existía hai catro anos. "Estamos nunha situación de crise económica que modifica o panorama macroeconómico xeral, e por conseguinte, os recursos os que van a dispoñer as administracións públicas". Asegurou que "hai que analizar o escenario macroeconómico, tanto no ámbito dos ingresos como dos gastos".

O portavoz do Goberno asegura que "a previsión de ingresos é inferior a 2008", de tal xeito que a redución real é de máis do 10% dos ingresos. De feito, só a transferencia de fondos do Estado baixaron de 16,8 millóns en 2007 a menos de 11 millóns en 2009, "é estes 6 millóns é o 10% de todos os ingresos do Concello de Pontevedra".

Aos ingresos do Estado tamén se suman diminucións por parte da Xunta que pechou o Plan de Inclusión, "e tamén baixou a recadación municipal ante esta situación de crise económica".

"A previsión que temos é de menos ingresos en estes anos de crise, cando tamén diminúen os chamados ingresos atípicos, todos aqueles procedentes das obras e proxectos executados por outras administracións no Concello", aseguraba o portavoz do Goberno.

Fronte a redución dos ingresos "as previsións de gasto increméntanse sempre: hai que axustar o IPC ao contrato do lixo, tamén incrementa a auga, a tarifa da electricidade, os subministros... Seguindo esta tendencia, en 2013 os gastos ordinarios sobrepasarían os ingresos ordinarios, o que suporía que entraríamos en déficit real", explicou o concelleiro de Economía.

O Goberno Local quere deixar claro que neste momento, "a situación actual do Concello de Pontevedra é de solvencia. De feito, non temos que recorrer aos créditos ICO habilitados polo Estado para os concellos para pagar a proveedores. Hai tesourería e hai ingresos superiores ao gasto, e Pontevedra está entre os 10% de concellos de España que non recorren a estes fondos".

De todos os xeitos, o concelleiro adiantou que "hai que adoptar certas medidas de racionalización do gasto. Pretendemos manter a capacidade de prestar servizos e facer a máxima inversión na economía, é dicir, contribuír a dinamizar a economía local".

Para acadalo é preciso facer un recorte de gasto nos capítulos 2 e 4 do Orzamento Municipal nunha cantidade de 1.500.424,29 euros. Esta medida aplicarase ao cento por cen no vindeiro orzamento, xa que no actual hai partidas xa acabadas e outras comprometidas. Pero o concelleiro de Facenda explicou que hai outras que aínda non están comprometidas e nas que se poderá comezar a executar este recorte.

Este recorte non compromete o funcionamento ni a solvencia do Concello. E ademais, “comprometémonos a non reducir o gasto social", explicou Raimundo González, quen adianto que tamén se traballa na reestruturación dos servizos municipais como, por exemplo, unificar en Parques e Xardíns o servizo de Medio Ambiente Natural. Tamén se eliminarán todos os postos de traballo que non sexan imprescindibles ou ben deixaranse vacantes.

Adiantou que todos os investimentos que non sexan lóxicos nesta época de crise económica, frearanse para facer unha racionalización do gasto.

Grosso modo as partidas que se reducen son:

  • 290.000 euros en Organos de Goberno
  • 283.000 euros en actividades
  • 279.000 euros en Mantemento
  • 198.000 euros en contratos
  • 120.000 euros no organigrama do persoal
  • 87.000 euros en Festas
  • 60.000 euros en Deportes
  • 200.000 euros en Cultura

Raimundo González indicou que "os ingresos non superaran aos gastos con estas medidas anuais". De todos os xeitos, manifestou que "en época de crise hai que supervisar todas estas previsións continuamente".

 

6 de xullo de 2011

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.09.2011 polo Concello de Pontevedra.