Pontevédrate...

O río dos Gafos, antes de chegar á cidade, atravesa Vilaboa, Tomeza e a zona norte de Salcedo

Competencias das Áreas e Delegacións de Goberno

ÁREA DE URBANISMO. Antón Louro Goyanes, que comprende do seguinte ámbito funcional:

  • Planeamento urbanístico de desenvolvemento.
  • Xestión urbanística.
  • Licenzas urbanísticas, de obras e actividades.
  • Proxectos de urbanización e reurbanización, agás os promovidos polo Concello no Centro Histórico e nos elementos catalogados.
  • Vivenda.
  • Disciplina medio ambiental, infraccións urbanísticas e reposición da legalidade urbanística.
  • Ordes de execución, declaracións de estado de ruína.
  • Dirección e coordinación por infraccións ás normas urbanísticas, medio ambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia de Alcaldía.
  • Xestión de estacionamentos en réxime de concesión.
  • Imposición de sancións por infracción ás normas urbanísticas, medio ambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia da Alcaldía.

 

ÁREA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  •  Ordenación do territorio.
  • Infraestruturas.
  • Xestión no novo PXOM.
  • Ordenación xeral da mobilidade.

 

ÁREA DE CULTURA E DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL. María dos Anxos Riveiro Portela, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Promoción e xestión da cultura.
  • Vicepresidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións.
  • Fomento do consumo saudable.
  • Dinamización sociocultural.
  • Zonas verdes, parques e praias.

 

ÁREA DE FACENDA E MEDIO AMBIENTE: Don Raimundo González Carballo, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Orzamentos e gasto público
  • Ingresos de dereito privado e de dereito público, tributarios e non tributarios en todo o que non sexa competencia do Órgano de Tesourería e Xestión Tributaria.
  • Autorización e disposición de gastos, non atribuídos a outro órgano de goberno por disposición legal.
  • Ordenación de pagos.
  • Xestión e supervisión do ciclo da auga.
  • As atribucións de expropiación e adquisición de inmobles que competen á Alcaldía nos procedementos de levantamento de actas de pagamento e de ocupación dos bens e dereitos afectados polos expedientes de expropiación forzosa.

 

ÁREA EDUCACIÓN E DEPORTES: Don Agustín Fernández González, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva e instalacións deportivas.
  • A presidencia do organismo autónomo do Instituto Municipal Deportes.
  • Educación.
  • Universidade.

 

ÁREA DE RÉXIME INTERIOR E PERSOAL: Don Vicente García Legísima, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  •  Réxime interior.
  • Organización funcional da administración municipal.
  • Negociación de acordos e convenios colectivos, reguladores das condicións de traballo e melloras sociais.
  • Seguimento e control do cumprimento dos dereitos e deberes do persoal ó servizo do concello.
  • Decisións, propostas e trámites en materia de persoal que sexan competencia da Alcaldía.
  • Patrimonio municipal.
  • Responsabilidade patrimonial e reclamación de danos ao patrimonio municipal.
  • Xestión do Padrón municipal de habitantes.
  • A inscrición e modificación no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.

 

ÁREA DE PROTECCIÓN CIDADÁ, SERVIZOS E FESTAS: Dona María Carme da Silva Méndez, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Coordinación e dirección directa da policía local.
  • Coordinación e supervisión do servizo municipal de extinción de incendios.
  • Coordinación e supervisión do servizo de protección civil.
  • Coordinación do plan de emerxencia municipal.
  • Ocupación de vías públicas (como pasaxes permanentes, veladores, casetas, etc.).
  • Dirección e coordinación en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.
  • Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
  • Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas e festas.
  • Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras administracións ou entidades.
  • A imposición de sancións en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.

 

AREA DE MOBILIDADE E PATRIMONIO HISTÓRICO: Don Xosé Luís Bará Torres, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Accesibilidade.
  • Obras e actuacións no Centro Histórico e nos elementos catalogados.
  • Patrimonio cultural etnográfico.
  • Sostemento dos espazos públicos: pavimentación, iluminación...
  • Sociedade do coñecemento.
  • Novas tecnoloxías
  • A coordinación dos servizos territorializados no medio urbano, debendo homoxeneizar os criterios de actuación dos concelleiros que teñan asignados os distintos ámbitos territoriais.
  • Servizos territorializados na zona urbana norte, e en todo o meido urbano que non fora asignado a outro concelleiro, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

 

 

SERVIZO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO E TURISMO. Carlota del Carmen Román García, baixo a coordinación do concelleiro responsable da Área de Urbanismo, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Actividades de promoción económica de todos os sectores produtivos.
  • Políticas de emprego.
  • Promoción e fomento do turismo.
  • Fomento e xestión de actividades feirais e congresuais.
  • Xestión de congresos e feiras no recinto do Pazo en coordinación co organismo autónomo.
  • Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais e funcionamento dos mercadillos de venda ambulante.
  • Xestión do matadoiro municipal.
  • Incentivación das actividades empresariais.
  • Comercio.
  • Industria.

 

SERVIZO DE SERVIZOS SOCIAIS E CEMITERIOS. María Carme Fouces Díaz, baixo a coordinación da concelleira responsable da Área de Cultura e Dinamización Sociocultural, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Servizos Sociais.
  • Servizo de drogodependencias, Unidade de Día, prevención e inserción.
  • Cemiterios
  • Escolas Infantís.
  • Servizos territorializados en San Xosé, Campolongo e Mollavao, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de deportes, educación e urbanismo. Deberá coordinarse coa concellería competente na materia.

 

SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO E SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL: Don Miguel Anxo Filgueira Touriño, baixo a coordinación do concelleiro responsable da Área de ordenación do territorio, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Fomento do uso da bicicleta
  • Transportes públicos e auto-taxis.
  • Sanidade animal
  • Canceira e animais abandonados.
  • Servizos territorializados en Verducido, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve, Bora e Mourente, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral

 

SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E XUVENTUDE. Don Demetrio Gómez Xunqueira, baixo a coordinación da concelleira responsable da Área de Cultura e Dinamización Sociocultural, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Normalización lingüística e cultural.
  • Xuventude.
  • Montes e parques forestais
  • A coordinación dos servizos territorializados no medio rural, debendo homoxeneizar os criterios de actuación dos concelleiros que teñan asignados os distintos ámbitos territoriais.
  • Servizos territorializados en Marcón, Tomeza, Salcedo, Lourizán, Pontesampaio e Canicouva, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

 

SERVIZO DE SANIDADE. María do Pilar Comesaña Hermida, baixo a coordinación do concelleiro responsable da Área de Facenda e Medio Ambiente, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Servizos territorializados en Lérez, Alba, Cerponzóns e Campañó, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de deportes, educación e urbanismo. Deberá coordinarse coa concellería competente na materia.
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.08.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.06.2011 polo Concello de Pontevedra.