Pontevédrate...

Na praza das 5 rúas vivía Valle -Inclán. E enfrente vivía o veciño de Valle-Inclán, como lembra unha frase pintada na parede

Preguntas frecuentes relacionadas coa Alcaldía e o Protocolo

Como fago para solicitar cita co Alcalde?
As solicitudes formais preséntanse por escrito no Rexistro Xeral. Unha vez recibida, o alcalde pode delegar o asunto nalgún concelleiro ou técnico.

Como fago para enviarlle as invitacións?


Ao Alcalde:
Pódense entregar persoalmente na Alcaldía, envialas por correo postal á rúa Michelena, 30, ou ben por correo electrónico premer aquí

Ao Tenente de Alcalde:
Entregalas persoalmente no terceiro andar do Concello (Michelena, 30), no seu despacho; por correo á rúa Michelena, 30, ou no enderezo electrónico premer aquí

Cal é o tratamento do Alcalde?
Coas novidades lexislativas o tratamento normal é de Excelentísimo, se ben o protocolo municipal, por decisión do propio alcalde, non esixe ese tratamento como requisito obligatorio na correspondencia.

Quen casa nas vodas civís?
O Sr. Alcalde, agás delegación noutro/a concelleiro/a. Se as persoas interesadas desexan que os case algún concelleiro ou concelleira, poden comunicalo no momento de xestionar a voda, para tratar de compracer ese desexo.

Podo inscribirme como parella de feito no Concello?
O Rexistro de Parellas de Feito atópase na Xunta de Galicia. Podes contactar a través deste enderezo electrónico: www.xunta.es/apps/gdp/showFile.do?codCons=PR&codProc=212A

Podo realizar unha proposta publicitaria ao Concello? Debe facelo a través do enderezo comunicacion@pontevedra.eu

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 25.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.05.2008 polo Concello de Pontevedra.