O Concello pon a exposición pública o Censo electoral para as eleccións europeas

14

Con motivo das próximas eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro 25 de maio e en cumprimento da actual lexislación vixente, o Concello de Pontevedra pon dende hoxe a exposición pública, entre os días 7 e 14 de abril o listado do Censo Electoral.
Presentando documento acreditativo (DNI, permiso de conducción, pasaporte, ou no caso de ser cidadán da EU tarxeta de residencia), se poderán realizar reclamacións, exclusións ou as modificacións que se consideren oportunas.
Este feito é de especial relevancia para os cidadans que acadaron en datas recentes a maioria de idade polos posibles erros ou exclusións que se poidan producir. 
O Censo Electoral estará exposto nas oficinas do Padrón de habitantes do Concello, sitas en Michelena 30 baixo, en horario de 8:30 a 13:30 horas.
É posible tamén facer a consulta a través da oficina virtual do Concello de Pontevedra ( https://www.pontevedra.eu), previa identificación co DNI electrónico ou co certificado de usuario Clase 2 CA expedido pola FNMT-RCM.