Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Pontillón do Castro

O Parque Forestal do Pontillón do Castro, en Verducido, conforma en si mesmo unha rota de esparcemento no medio natural. Un paseo accesíbel a pe, en bici e en cadeira de rodas arrodea o embalse a través dun camiño que ascende ao monte do Castro nun área de bosque autóctono recentemente recuperado polo Plan Monte Vivo. En total son 3,5 km de sendas ao norte do concello, nun espazo no que se ubica unha pista de competicións de piragüismo.