Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Sendeiro Entrerrías

Máis información: www.montañeiros.es

Accesos:
Ponte Sampaio N-550 Pontevedra -Vigo, Pontevedra dende a Xunqueira do Lérez e Monte da Fracha. Lonxitude: 22 km. Sinalizado: completo e en bo estado. Dificultade: media. Información: Concello de Pontevedra e Club Montañeiros

Dende a ponte de Ponte Sampaio, onde as tropas francesas foron derrotadas e expulsadas de Galicia a rota segue algúns treitos do Camiño Portugués a Santiago. Nas beiras do río Ullo sucédense mais de vinte muiños que compoñen unha fermosa estampa. Pasando Rañadoiro e o Paredón ( acueducto de canteiría de case 30 m de lonxitude) a pista ascende cara o cume da Fracha(540 m). Este miradoiro, un dos mais fermosos da comarca, proporciona unha vistas magníficas sobre as rías de Pontevedra e Vigo. A partir de aquí sucédense unha baixada con forte pendiente e unha subida cara ó alto de Mourente. Un xiro brusco á dereita, cruzando a N-541, conduce as ribeiras do río Lérez. O remate pódese facer polo Mosteiro de San Bieito de Lárez ou pola beira urbanizada do río.

O club organiza tódolos anos dende que se sinalou, actividades de limpeza, sinalización e marchas populares para promoción do deporte na Capital do Lérez, con masiva asistencia de novos camiñantes cada ano.