Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

En bici

Podes visitar www.pontevedra.eu/bici

A maior parte da cidade de Pontevedra é un espazo seguro para as bicis.

Os programas de peonalización, calmado do tráfico e coexistencia de tránsitos rodados e peonís, motorizados ou non, que se levaron a cabo nos últimos anos fan que a cidade sexa un escenario idóneo para este medio de transporte.

┴reas como o Centro Histórico e peonil, Alameda-Palmeiras, e as comprendidas no interior do perímetro das avenidas de Uruguai, Bos Aires, José Malvar, 12 de Novembro, Eduardo Pondal, Estación, Fernández Ladreda, Marín e Corbaceiras considéranse zonas de circulación segura para as bicis.

Tamén o eixo Av. da Coruña - Juan Bautista Andrade, o interior do Campus, o interior de Monte Porreiro e algunhas das vías semiurbanas que comunican ésta co centro da cidade.

╔ moi doado e agradábel pasear en bici polas sendas do Lérez e o Gafos, Illa do Cobo ou das Esculturas, Xunqueira de Alba, Domingo Fontán.

O Concello está na actualidade estudando creación de novos carrís bici urbanos, sobre todo para a conexión co campus.

Por que o carril bici de Loureiro Crespo?

Algunha xente non entende a utilidade dun carril tan curto (apenas 500 m) no centro da cidade, nunha zona de tráfico calmado. O novo ordenamento no tráfico na zona central determina a circulación única de saída en Loureiro Crespo, zona Hospital. O carril bici facilita a entrada desde o leste (Av. Lugo, O Castañal, J.Carlos I, A Parda...). Se non fose por él, os usuarios da bici terían que baixar ao río ou dar unha volta por Eduardo Pondal para chegar ao centro da cidade.