Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Vías principais

Estas vías facilitan o acceso a case todos os espazos de interés de Pontevedra: centros comerciais, educativos, sanitarios, institucións... Prácticamente todas as entradas á cidade poden levarte a algún aparcadoiro próximo. O recomendábel é facer uso dos espazos de estacionamento disuasorios que se atopan entre o Pabillón de Deportes e o Pazo da Cultura, perto do río e a poucos minutos a pé do centro da capital.

Na cidade coexisten tres fórmulas para a circulación dos vehículos: a peonil, a de zona 30 e a convencional. En todas elas teñen preferencia os peóns, se ben en distintas fórmulas de cohabitación con automóbiles e bicicletas.

A zona peonil abrangue a totalidade do Centro Histórico máis diversas rúas comerciais anexas a este (Michelena, parte de Oliva, parte de Peregrina, Riestra, Marquesa, Xeneral Gutiérrez Mellado, Montero Ríos, primeiro treito de Rosalía Castro e Glorieta de Compostela, Ferreiros, Rúa Nova de Arriba, Rúa Nova de Abaixo, García Alén, San Bartolomeu). A circulación de automóbiles está restrinxida a residentes, acceso a garaxes e vehículos comerciais entre as 8 e as 13,30 e as 16,30 e as 21 horas dos dias laborais.

No resto da cidade pódese circular como máximo a 30 km/h.

A circulación de bicicletas é libre en toda a cidade, e recoméndase especialmente este medio en vías co tráfico calmado. Progresivamente irán definíndose carrís específicos naquelas vías donde o ancho e a natureza do tráfico o fai recomendábel.