Levouche o coche o guindastre?

Grazas ao guindastre, podemos cada día disfrutar de todos os dereitos de circulación, aparcamento e uso en xeral do espazo público.

Se o teu coche non está no lugar que o deixaches, pode ser que cho levara algún guindastre.

Podes preguntar por él no teléfono 986 858 710

De atoparse alí, para recuperalo podes achegarte á rúa do Camposanto, nº3, na zona do cemiterio de Sto. Amaro, na Parda.

As taxas para a retirada están definidas na Ordenanza Reguladora de Taxas do 24/10/2008, e son as seguintes, para turismos de ata 3,5 tm:

  • Retirada,   115 euros.

Ciclomotores e motocicletas:

  • Retirada,   55 euros.

Bicicletas:

  • Retirada,   15 euros.

En todos os casos:

  • Cada hora 1 euro (durante as 10 primeiras horas).
  • Despois das 10 primeiras horas 15 euros cada 24 horas.
  • Enganche 50%.

 

Se non estás de acordo coa acción da grúa, podes facer un plego de descargo e presentalo no Rexistro Municipal

Lembra que algunhas veces o guindastre pode levarche o coche, non por que estea mal aparcado, senón porque haxa algunha razón para a súa retirada, tales como festas, competicións ou outro tipo de eventos. Nestes casos o coche pode estar aparcado nas proximidades e non se aplica sanción nen taxa administrativa algunha.