Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Se vas en coche

-Lembra que debes ter coidado coas bicis

-Non rebases os límites de velocidade (en toda a cidade 30 km/h)

-No casco urbano, presta especial atención ás bicis, que comparten espazo cos automóbiles nas mesmas condicións e coas prevencións definidas nas normas de tráfico

-Deixa sempre un espazo lateral mínimo de 1,5 m entre o teu coche e a bici

-Garda unha distancia de seguridade de 3 m tras unha bici

-A bici circula por un carril ocupando o mesmo espazo que un automóbil, polo que debes adiantala facendo uso de outro carril cando a vía e as circunstancias do tráfico o permitan (por exemplo Av. Uruguai, Eduardo Pondal, Fernández Ladreda, Paseo Colón, etc.)

-Nunca adiantes a unha bici nun carril único de circulación en zona 30 (tipo Sagasta, Benito Corbal, Pardo Bazán, etc.)

-Mira ben ao exterior (incluído polo retrovisor) antes de abrir unha porta do coche, por se ben unha bici... lembra que non fai ruído e móvese lixeira en relación a un peón.