Pontenbici

77

Exposición Bicis clásicas e antigas, no Pazo da Cultura. Do 25 de abril ao 1 de xuño. Inaugúración 25 de abril, ás 20 h. e ao remate, conferencia de Juan Granados, presidente da Asociación Nacional de Bicicletas Antigas e Clásicas, sobre a historia do ciclismo en Pontevedra.

Pedalada familiar. Domingo 27 de abril ás 11 h. Saída da Praza de España.

Instienbici. Xoves 8 de maio. Para animar aos mozos a que acodan aos seus institutos en bicicletas proponse unha pedalada pola capital na que participan os institutos da cidade.

Natureza sobre rodas. Saídas familiares para mayores de 8 anos, domingos 4, 11 e 25 de maio. Saídas para maiores de 16 anos o domingo 15 de xuño.

Bicifeira. O mundo da bici. Exposicións comerciais en bicis, na Praza de España. Haberá:  Mercadiño de bicis novas e usadas. Coa entrega do Premio Mobilidade Ciclista ás 11:30 h.

Obradoiros e charlas:
Sábado 17 de maio, ás 17 h. Charla sobre turismo deportivo. Ás 19 h. presentación da Familia Supertramp (Volta a Europa en Trike). A seguir, Sprint de Fixes en Montero Ríos.
Domingo 18 de maio, ás 11 h. Obradoiros sobre mecánica básica e ergonometría da bici. Ás 12 h. charla sobre movilidades alternativa, As charlas serán na Sala Audiovisual dentro do hall da Casa Consistorial.Cars a pedais: poderase alugar un pedicar por un tempo ou por circuítos concretos do centro histórico a prezos populares.

Ritcheu: Poderase alugar un paseo nestes taxis tan frecuentes na India, a prezos populares.

Marcha nocturna: Sábado 17 de maio, ás 22 h. Saída da Praza de España, polo centro da cidade.

Marcha de clásicas. Domingo 8 de xuño. Paseo en bicis clásicas a Combarro, con saída da Praza de España. Con bicis de antiguidade anterior a 1970, e que teñan o cambio no cadro, Haberá vehículos de apoio, e valorarase que os participantes utilicen roupas desa época.

Obradoiro de Recicletas. Casazul vai iniciar un programa permanente de Recicletas nos obradoiros de Monte Porreiro, con temáticas sobre ergonomía, mantemento básico e outros dirixidos aos veciños do Concello. A primeira acción levarase a cabo no mes de maio-xuño.

+info. en www.pontevedra.eu/bici/