Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Bicis e reforma urbana

-Dun tempo a esta parte, Pontevedra vive unha grande transformación urbana. Numerosas iniciativas relacionadas co novo deseño da cidade, fixeron da capital un ámbito especialmente apto para os desprazamentos en bici.

-A nova configuración da cidade e a xestión da mobilidade urbana permite a utilización conxunta dos mesmos espazos para bicis e automóbiles en condicións de seguridade.

-As áreas de coexistencia de tráficos peonís, rodados e motorizados son espazos de seguridade para todas e todos.

-As zonas peonís implican que as bicis podan circular con total libertade, se ben os usuarios deben ser extremadamente respetuosos co tráfico de peóns.

-As plataformas únicas axúdannos a que os desprazamentos non motorizados podan realizarse con maior comodidade.

-Os lombos salvavidas (pasos de peóns elevados) impiden aos automóbiles coller velocidade, aumentando significativamente a seguridade de peóns e ciclistas.

-Bolardos, almeas e outros elementos do mobiliario urbano supoñen que os automóbiles non invadan zonas que están reservadas para os tránsitos sen motor.

-Un alumeado público ben dimensionado e potente supón unha maior seguridade para todos, incluidos os usuarios da bici.

-Na actualidade, o Concello traballa en completar o calmado do tráfico especialmente nas conexións entre o centro e o campus