Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Biciconsellos

A rota máis segura

  • -No intre de deseñar o teu itinerario, procura a zona máis doada, en función das pendentes e o tráfico
  • -No interior do casco urbano, todas as rúas teñen tránsito de convivencia e velocidade limitada a 30, se ben canto máis evites as rúas con maior densidade de coches, mellor
  • -Nas vías que soportan máis cantidade de coches (especialmente as que arrodean a cidade) hai que circular con maior precaución, debido ás características do tránsito, se ben en amplas zonas o tráfico está calmado e a circulación en bici resulta bastante segura
  • -Ten especial coidado cando saias do casco urbano, pois as vías exteriores (que normalmente non pertencen ao Concello) non son seguras para a mobilidade en bici

Circular con seguridade

  • -Se nalgún momento os automóbiles che provocan inseguridade, non dubides en utilizar os pasos de peóns
  • -Na cidade non é obrigatorio o casco, pero é aconsellábel
  • -Nas vías do rural, si é obrigatorio o casco
  • -Se circulas de noite, é obrigatorio o uso de alumeado diante e detrás
  • -A bici debe ter un timbre para facerte escoitar cando sexa preciso
  • -Ollo! non podes xogar coa bici pola rúa. Só en lugares apropiados (parques ou zonas deportivas axeitadas)
  • -Lembra que nengunha rúa é un espazo deportivo.
  • -Se vas en grupo, circulade en fila india
  • -Non utilices auriculares. Poderías non escoitar as advertencias dos demáis usuarios da vía
  • -Non te cargues con cousas que podan molestarche. Utiliza para eso cestas ou mochilas.

Manobrar con sentidiño

  • -Cando teñas que adiantar, cambiar de dirección, etc, faino progresivamente e con sentidiño. Prudencia e respecto
  • -Para facer calquera manobra, como incorporarse a circulación ou xirar a dereita ou a esquerda, debes:
  • -Mirar se podes facelo.
  • -Sinalizar a manobra co brazo esquerdo.
  • -Asegúrate de que os demáis implicados te viron
  • -Realiza a manobra, se estás seguros de que non hai perigo.
  • -Sinaliza ben Sempre se sinaliza co brazo esquerdo, e mais visíbel para os outros conductores, e sen soltar o manillar coa man dereita:
    • -Brazo esquerdo estendido: Xiro a esquerda.
    • -Brazo esquerdo dobrado en ángulo recto: Xiro a dereita.
    • -Brazo estendido cara ao chan: reducir velocidade ou deterse
  • -Circula sempre con prudencia
  • -Na maior parte das vías de carril único do centro da cidade, debes circular polo medio do carril, ocupando o espazo dun automóbil
  • -Se circulas excesivamente perto da dereita, o condutor do coche pode interpretar que o deixas adiantar e acabar supoñendo un perigo para ti
  • -Nas vías con varios carrís, debes circular polo máis próximo á beirarrúa, ou á dereita, pero podes ocupar a parte central do carril
  • -Garda unha distancia de seguridade cos coches de diante de alomenos 3 m
  • -Fai caso dos semáforos e a sinalización de tráfico
  • -Utiliza os pasos de peóns cando o vexas necesario

A bici no rural

  • -É obrigatorio levar casco
  • -Non xogues na estrada; para eso debes ir a zonas sen vehículos
  • -Circula pola dereita, o máis próximo ao borde exterior dereito da vía
  • -Se vas en grupo, o normal é circular en fila índia, se ben a veces pódese ir en paralelo, dependendo do ancho da vía e das circunstancias do tráfico
  • -É mellor non utilizar a bici de noite. Pero se se fai, debes levar roupa clara e elementos refrectantes
  • -Debes respectar os sinais de tráfico, xa que formas parte dél

Compartes bici?

  • Podes levar un remolque na túa bici para transportar persoas, animais ou mercadorías; este remolque debe estar homologado. O condutor ten que ser maior de idade e asume toda a responsabilidade sobre o contido do remolque.
  • Na bici individual podes levar, baixo a túa responsabilidade, a un ou unha menor de 7 anos nun asento adicional e cun casco homologado, sempre que sexas maior de idade.