Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

A Bici en Pontevedra

Case toda cidade de Pontevedra é un espazo seguro para as bicis.

Os programas de peonalización, calmado do tráfico e coexistencia de tránsitos rodados e peonís, que se levaron a cabo nos últimos anos fan que a cidade sexa un escenario idóneo para este medio de transporte.

Grazas á reforma urbana dos últimos anos, a cidade considérase un espazo seguro para as bicis, xa que se eliminaron as amenazas dos automóbiles sobre elas.

Por qué non hai carrís bici?

Só quedan algúns quilómetros de carrís bici, construídos nos anos 80 e 90 para defender aos ciclistas dos automóbiles. Hoxe, grazas ao calmado do tráfico e á velocidade 30, e moi especialmente aos lombos salvavidas, os coches xa non supoñen unha ameaza grave nen para os peóns nen para os ciclistas.

Por iso se adoita dicir que toda Pontevedra é un gran carril bici

Se utilizas a bici deportiva ou de lecer, case todas as sendas naturais que parten da cidade son ciclopracticables. Todo o litoral urbano, a Avenida de Marín, a de Bos Aires (un dos carrís bici existentes), a senda do Lérez cara a Bora, a Illa do Cobo, a Xunqueira de Alba, o treito urbano do parque do río dos Gafos poden utilizarse coa bici. Só a zona máis natural do paseo dos Gafos presenta pequenas dificultades debido ao seu trazado.