Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Se vas en bici, ollo aos peóns

-Nas zonas peonís, paseos e beirarrúas, os peóns teñen absoluta preferencia sobre as bicis

-Adecúa a túa velocidade á afluencia de persoas, sen sobrepasar nunca os 10 km/h

-En caso de que a rúa estea moi concorrida (como ocorre con frecuencia nalgúns treitos das rúas máis comerciais ou en zonas de paseo dos litorais fluviais), valora a convenencia de baixarte da bici e circular a pé, até que a densidade de xente diminúa. Enténdese que existe aglomeración cando non sexa posible conservar 1 m. de distancia entre a bicicleta e os peóns que circulen pola mesma vía, ou circular en liña recta 5 metros de maneira continua.

-Evita sempre facer calquera manobra que poida afectar á seguridade dos peóns, especialmente se esta manobra é brusca

-Respeita a distancia de 1 m de separación dos peóns

-Evita circular a menos de 1 m das fachadas con portas, e dos automóbiles estacionados en fila

Lembra que podes circular en bici por:

  • -Beirarrúas, andéns e paseos de máis de 3 metros de ancho.
  • -Parques públicos e áreas peonís.
  • -Zonas de prioridade invertida nos dous sentidos de circulación.