Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Que é Intermodes

Enmarcada dentro do Padroado do Comité das Rexións da Unión Europea, Intermodes é unha axencia europea que reúne a todos os profesionais do sector da mobilidade.

Anualmente celebra unha convención -a deste ano é o 6 de febreiro en Bruxelas- na que axentes de toda Europa do mundo da mobilidade (autoridades, fabricantes, transportistas, asociacións, investigadores,...) reúnense para coñecer problemas, estudar modelos e achegar solucións para contribuír ao perfeccionamento da intermodalidade nas distintas áreas europeas, tendo por obxectivo ir cara unha Europa sostible e móbil.

Dentro da convención anual, na que se aborda a problemática da mobilidade de grandes e pequenas urbes, así como solucións en marcha e modelos testados, tamén se entrega un premio á mellor política de transporte intermodal de pasaxeiros. Neste caso, Pontevedra foi escollida por dispor o primeiro mapa pedestre europeo: o Metrominuto, resultado dunha política de anos de priorizar o mobilidade peonil para a creación dunha cidade para os cidadáns.

+ info Páxina web de intermodes