Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Os recoñecementos

O modelo urbano de Pontevedra, ademáis de protagonizar ponencias, sesións e reunións de traballo en diversos lugares da Península Ibérica, mereceu importantes recoñecementos.

Premio Cermi 2007, outorgado pola Confederación Estatal de Persoas con Discapacidade, pola política de accesibilidade universal do espazo público. Un premio moi significativo, por canto foi outorgado polas propias persoas con dificultades para a mobilidade, autoorganizadas nesta entidade de ámbito estatal

Premio Nacional da Cultura Galega 2008, pola transformación urbana e o respecto e posta en valor do patrimonio histórico e arquitectónico.

Premio Fesvial da Fundación Fesvial de Seguridade Viaria en 2010, outorgado por un xurado no que estaban representados as principais institucións do Estado Español relacionadas coa mobilidade e a seguridade, así como empresas privadas e organizacións non gobernamentais relacionadas coa seguridade viaria.

Premio Mobilidade Segura do II Encontro de cidades pola seguridade viaria, celebrado en Córdoba baixo o auspicio da Dirección General de Tráfico (DGT) do Goberno Central, e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), por ter reducido á mínima expresión os índices de sinistralidade viaria na capital.

Declaración como Cidade Amiga dos Nenos, realizada pola organización independente Meniños en 2012, por poñer á poboación infantil no centro das políticas urbanas.

Premio Intermodes 2013 pola política de transporte intermodal baseada na mobilidade peonil, e que resulta o maior recoñecemento dun organismo vencellado á Unión Europea en relación ao modelo de cidade alternativo que representa Pontevedra.