Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Os resultados

Grazas ao novo sistema, eliminouse do espazo urbano a circulación a motor non necesaria, xa que o 65% dos desprazamentos realízanse a pé ou en bici.

A intermodalidade baséase no abandono do motor para os traslados dentro da cidade. A maioría das persoas que chegan, deixan o medio no que veñen (tren, autobús, automóbil particular) para desprazárse camiñando a calquera destino interior.

A cidade con menos presión de automóbiles resulta cómoda para moverse, máis habitábel e amábel para as persoas, favorecendo a actividade económica terciaria e favorecendo focos de atracción para o turismo ou o comercio.

A mellora medio ambiental é patente, xa que eliminando os gases dos motores minóranse as ameazas contra a atmósfera e contribúese a un ambiente saudábel e ecolóxicamente máis sustentábel.

Mellora substancialmente a seguranza viaria, cumprindo os obxectivos europeos e as demandas da sociedade organizada contra a violencia vial, eliminando as víctimas mortais nas zonas transformadas (prácticamente toda a zona urbana) e mantendo un baixo nivel de incidencias, con moi escasos episodios de gravidade.

O modelo urbano de Pontevedra, ademáis de protagonizar ponencias, sesións e reunións de traballo en diversos lugares da Península Ibérica, mereceu importantes recoñecementos. Entre eles, cabe reseñar o o Premio Cermi 2007, outorgado pola Confederación Estatal de Persoas con Discapacidade, o Premio Nacional da Cultura Galega en 2008, o Premio da Fundación Fesvial de Seguridade Viaria en 2010 e o Premio Movilidade Segura do II Encontro de cidades pola seguridade viaria, da DGT.

O actual Premio Intermodes 2013 pola política de transporte intermodal baseada na mobilidade peonil resulta o principal recoñecemento dun organismo vencellado á Unión Europea en relación ao modelo de cidade alternativo que representa Pontevedra.