Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

O Territorio

A cidade érguese nun promontorio rochoso de escasa altitude rodeada polo río Lérez, xusto cando éste se funde coas augas da ría de Pontevedra, aberta ao Atlántico.

Ubícase no centro das Rías Baixas, en pleno Eixo Atlántico, equidistante de Porto e A Coruña, e de Vigo e Vilagarcía, na zona máis densamente poboada de Galiza.

Ademáis do Lérez, conflúen na capital outros ríos como o Rons, Valdecorvos e Os Gafos, que lle aportan un certo carácter fluvial. As Xunqueiras de Alba, Lérez e Mollavao, algunha xa minguada polos recheos, conforman importantes zonas húmidas mesmo perto da trama urbana. O interior da ría é unha zona intermareal de grande riqueza marisqueira e interés natural.

O seu clima oceánico suave ofrece valores térmicos en xaneiro de 13-6ºC e en agosto de 26-15ºC. De media, en xaneiro hai 15 días de choiva e en agosto 5.

A circulación motorizada
Algúns datos sobre a circulación a motor na cidade axudan a entender a súa dimensión
46 Millóns de desprazamentos a motor estudados na capital cada ano, que proceden sobre todo das zonas máis poboadas (norte, sul e oeste)
54.741. Total de vehículos a motor censados no municipio de Pontevedra
40.203. Turismos censados na capital
6.533. Ciclomotores e motociclestas rexistrados
117. Autobuses censados para o transporte colectivo de persoas
1.285. Prazas de aparcamentos intermodais turismo/peón, gratuítos, no contorno da cidade, a poucos minutos camiñando da zona central.
4.437. Prazas en aparcadoiros convencionais de pago
7.406. Prazas de estacionamento en viario público, todas elas gratuítas
19 Liñas de autobuses que cada día entran ou saen de Pontevedra
762.000 Viaxeiros que utilizan anualmente a Estación de Ferrocarril