Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Intermodalidade

A principal característica da intermodalidade pontevedresa son as conexións entre o automóbil e o peón. Case o 70% dos desprazamentos realízanse a pe. Son centos os cidadáns que acoden cada día desde a comarca a Pontevedra por motivos laborais, comerciais e de ocio, deixan os seus automóbiles estacionados nos aparcadoiros disuasorios gratuítos da Xunqueira do Covo e trasládanse a pé pola cidade.