Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Camiño escolar - Que teñen que facer os pais e as nais?

Pais e nais (e titores/as) somos o mellor exemplo que teñen os nenos e nenas e por iso debemos participar, en colaboración con toda a Comunidade Escolar, na formación dos nenos e nenas en materia de seguridade viaria Por outra parte é especialmente importante non desobedecer as normas en presenza dos nenos (semáforos, pasos de peóns, circulación pola beirarrúa, etc)

É fundamental que se impliquen, especialmente os primeiros días, sinalando aos seus fillos o itinerário máis axeitado desde a súa casa e facendo que coñezan o distintivo de axuda.

Que beneficios obteñen pais e nais?

O Camiño Escolar é un proxecto que permite aos pais e as nais implicarse no proceso educativo, xa que aporta unha ferramenta de colaboración co profesorado.

Co camiño Escolar gañamos confianza nos nosos fillos e fillas.

Nenos e nenas autónomos e responsábeis que saben valerse por si mesmos déixanos máis tempo para disfrutar con eles.